Ir o contido principal
Científica Institucional

O CiMUS da USC ofrece seis contratos para iniciarse na carrera investigadora

Trátase de seis contractos pre-doutorais a tempo completo, dun ano de duración, cuxa finalidade é apoiar proxectos de investigación e realizar teses dirixidas por IPs do Centro

No marco de actividades e programas de I+D+i da USC, o CiMUS acaba de abrir VINA convocatoria dos seus contratos pre-doutorais, dirixidos a persoas que formen parte dun Programa de Doutoramento da USC e cuxa dirección de tese estea a cargo dun IP do CiMUS.

A relación contractual cos candidatos seleccionados terá unha duración máxima e improrrogable de 12 meses, e cada unha das contratacións estará dotada dun salario bruto total de 1.266,99 € /mes.

Toda a información sobre requisitos, procedementos sobre solicitudes e prazos pode consultarse na web do CiMUS da USC nesta ligazón:

https://cimus.usc.gal/jobs/vin-contratos-de-iniciacion-a-investigacion-cimus