O CiMUS da USC reflexiona sobre o impacto da ciencia colaborativa a través do modelo de excelencia do BIST

O CiMUS da USC achegou hoxe a visión científica e estratéxica do Barcelona Institute of Science and Technology (BIST), unha institución que agrupa sete centros de investigación de excelencia do sistema CERCA, co obxectivo de fomentar o traballo multidisciplinar, impulsar a formación de talento investigador e aumentar o impacto da investigación.
A sesión foi impartida polo director xeral do BIST, Eduard Vallory, quen compartiu a súa visión sobre o papel da ciencia colaborativa e as estratexias necesarias para potenciar o impacto científico e social da investigación.
A actividade estivo especialmente orientada a perfís de dirección e xestión de centros de investigación, aínda que tamén resultou de grande interese para líderes de grupo e investigadores en xeral.
Durante o encontro, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o modelo de cooperación científica do BIST e reflexionar sobre os retos actuais na xestión da investigación de excelencia.

