Ir o contido principal
Científica Institucional

O CiMUS da USC renova a súa acreditación de excelencia

  • O financiamento deste Centro Singular ascende a 2.786.666,67 euros. 
     

O CiMUS da USC acaba de renovar a súa acreditación de excelencia por parte da Xunta de Galicia. Para optar a ela, os centros deben cumprir diversos requisitos, como ter financiamento na convocatoria previa do ano 2019 e superar o procedemento de avaliación final; obter unha axuda no programa estatal de centros Severo Ochoa ou María de Maeztu, e outros referidos o seu goberno, estrutura, financiamento, calidade científica e transferencia de resultados establecidos na convocatoria.

A acreditación da excelencia dos centros realizouse a partir das valoracións feitas por un comité externo con base en tres grandes dimensións: Organización e goberno (estratexia, gobernanza e estrutura organizativa, xestión do talento, financiamento e infraestrutura), Calidade da investigación (proxectos, produción científica, colaboración interna, recoñecementos, transferencia e internacionalización) e Relevancia para a sociedade (investigación e innovación responsable, servizos e comunicación). De acordo con estes criterios, e no referido á USC, o financiamento que lle corresponde ao CiMUS ascende a 2.786.666,67 euros (ED431G 2023/02).