Ir o contido principal
Científica

O CiMUS recibe a visita do director da Axencia Estatal de Investigación para mostrar o potencial da investigación biomédica galega

•    O Dr. José Manuel Fernández de Labastida mantivo un encontro co persoal investigador do centro no marco da súa visita institucional a Galicia.

O CiMUS da USC recibiu este mércores a visita do director da Axencia Estatal de Investigación (AEI), José Manuel Fernández de Labastida, no marco dun percorrido institucional polos principais centros de excelencia da rede CiGUS, cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa FEDER Galicia 2021-2027, e do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC en Santiago de Compostela. 

 

Na visita, o director da AEI estivo acompañado por Lourdes Armesto, Directora de Xestión Científica e Técnica da Axencia; Gonzálo Arévalo, vogal asesor do director xeneral; María José Mariño Fontenla, directora da área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta; Irene Bonome, da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Xunta, e Almudena Hospido, Vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta. A visita permitiu compartir a nosa estratexia científica, dialogar con investigadores e investigadoras do centro e mostrar algúns dos proxectos de vangarda do CiMUS. 


Esta visita forma parte do percorrido institucional que o director da Axencia Estatal de Investigación está a realizar por diversos centros de investigación galegos, poñendo en valor a capacidade científica de Galicia e o papel da rede CiGUS como motor dunha investigación competitiva, internacional e de impacto. Agradecemos esta visita, que reforza a colaboración entre as institucións e os centros de investigación e contribúe a visibilizar e destacar o talento, as infraestruturas e a capacidade do I+D+i do noso ecosistema.