Ir o contido principal
Divulgación

O CiMUS súmase ao mes da ciencia en galego nas bibliotecas

  • Da man do seu investigador principal José Tubío, quen asina nesta edición o manifesto científico que acompaña o programa de actividades desta iniciativa promovida desde a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

 

 

O CiMUS da USC está a participar este mes de novembro nunha nova edición do mes da ciencia en galego nas bibliotecas, un programa de actividades de divulgación científica que está promovido desde a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia para difundir a divulgación científica en galego en todas as bibliotecas públicas e escolares.

 

Como en edicións anteriores, o programa de actividades está acompañado polo manifesto dun científico/a galego/a, asinándoo nesta ocasión o investigador principal do CiMUS e coordinador do grupo Genomes and Disease, José Tubío. Baixo ao título “O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica”, Tubío pon en valor a expedición filantrópica da vacina da varíola, unha das maiores proezas científicas e a primeira misión humanitaria da historia na que Isabel Zendala e os “galleguitos” (como se coñeceron aos nenos que a acompañaron) tiveron un papel protagonista.

 

“A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres”, comenta o investigador do CiMUS.

 

 

Para ler o manifesto completo: clicar aquí