O CiMUS viste de Nadal
O Nadal chegou ao CiMUS e faino cun programa especial de actividades pensado para reforzar a interacción entre os grupos de investigación. Para iso este próximo venres día 13, ás 14:00 horas, terá lugar unha comida especial de Nadal no hall do propio Centro ao termo da cal se anunciarán os gañadores do I Concurso de Puertas do Nadal do CiMUS.
A continuación celebrarase o I Bingo Benéfico, que está previsto que dea comezo ás 16:30 horas, doándose o diñeiro recadudado a unha asociación. Para decidir a que asociación doar o diñeiro, cada gañador de liña/bingo terá unha lista de asociacións propostas e votará unha delas. Ao final da tarde, aquela asociación con máis votos será a elixida para destinar o diñeiro. Ademais, cada gañador de liña/bingo recibirá un agasallo simbólico.
🎄Esperamos contar coa vosa presenza para gozar dun momento especial, cheo de espírito do Nadal, boa comida e solidariedade! 🎄
Desde dirección e xestión do CiMUS sentimos que recibimos a mellor felicitación, as preciosas Portas de Nadal: o máis vívida mensaxe de alegría e compromiso das persoas que fan o CiMUS. Para nós TODAS son gañadoras. Moitas grazas e felicidades!!
Contemos o alento para os premios e o bingo benéfico que leva nosa Súper-Eva.
--
Quixeramos agradecer a gran acollida que tivo o I Concurso de Portas Navideñas do CiMUS, cun total de 20 portas inscritas e 136 votacións. ¡Moitas grazas a todos pola vosa participación! ¡Todos sodes gañadores!
Por outra banda, tamén quixeramos agradecer a Portomédica e Proquinorte por ser os patrocinadores deste concurso tan navideño mediante a aportación dunhas cestas agasallo e mercadotécnia para as tres portas gañadoras.
A votación realizouse mediante unha enquisa na que so persoas con correo corporativo USC podían votar unha única vez, asignando unha puntuación de 5, 3 e 1 a portas diferentes entre sí que consierasen que debían gañar o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente. Tras a confirmación do correcto cumplimento das devanditas normas e mediante unha votación que estivo moi axustada ata o último momento.
As portas gañadoras foron: Merry Biogrinchmas, da planta -1, en terceiro lugar; Navidad in vivo y en directo, do laboratorio P2L4, en segundo lugar; e Infelices para siempre, do laboratorio SSL7, en primeiro lugar.
O máis importante de todo este concurso foi o espíritu navideño que se respirou en todas as plantas do centro: persoas paseándose polos corredores indo ver a decoración doutras portas, a competitividade sana entre diferentes laboratorios, o traballo de equipo, a imaxinación no seu máximo esplendor…
As actividades navideñas culminaron o venres 13 cunha marbillosa comida con dress code navideño, na que estivemos comendo e bebendo todos xuntos.
Tras a resolución deste I Concurso de Portas Navideñas deo CiMUS, tivo lugar o I Bingo Benéfico. Grazas ao bingo se recaudaron 376€ que serán destinados á asociación ourensana de Esclerose Múltiple, Parkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER).
¡Felices festas! Esperamos que o ano que vén poidamos celebralo de novo e, ¡moitas grazas a todos por facelo posible!