O IES de Carrizo levará o nome da científica María José Alonso
O Instituto de Educación Secundaria Santa María de Carrizo pasará a denominarse Doutora María José Alonso. O centro educativo adopta así o nome dunha das súas veciñas máis ilustre, a científica María José Alonso, quen naceu nesta localidade en 1958, referente da investigación española e Premio Nacional de Investigación 2021.
A Consellería de Educación da Xunta de Castela e León autorizou xa o cambio de nome que figurará na fachada do edificio, en lugar visible, debaixo do rótulo da administración educativa.
A investigadora do CiMUS da USC quixo expresar o seu agradecemento por este recoñecemento, recoñecendo que "ningún recoñecemento me chegou ao corazón como me chegou este. A calor e agarimo do meu pobo fanme inmensamente feliz". O paso polo instituto foi a razón de ser da miña carreira".