Científica
O investigador predoutoral CiMUS, Diego González, recoñecido co premio a Investigadores Mozos Fundación BBVA-SEBBM
O investigador predoutoral, Diego González, do grupo de MitoPhenomics Lab, coordinado pola IP Aurora Gómez Durán, foi galardoado co premio a Investigadores Mozos Fundación BBVA-SEBBM no marco do 46 Congreso da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), celebrado na Coruña a comezos de setembro. Este recoñecemento enmárcase na segunda edición dos premios á Mellor Comunicación Nova convocada pola SEBBM co patrocinio da Fundación BBVA.