Ir o contido principal
Científica

O traballado con marca CiMUS "Transmissible marine cancer evolution", portada da revista Nature Cancer

  • Este estudo permitiu secuenciar por primeira vez os cancros transmisibles nos berberechos que poden propagarse a través da auga, descubrindo novos coñecementos sobre como estes cancros se propagaron entre as poboacións animais durante centos, posiblemente miles, de anos.

O artigo sobre a evolución somática dos cancros transmisibles mariños, un estudo levado a cabo por investigadores do CiMUS na Universidade de Santiago de Compostela e colaboradores de varios países, é a portada da edición de novembro da revista científica Nature Cancer.

 

Fito de gran transcendencia

Este estudo permitiu secuenciar por primeira vez os cancros transmisibles nos berberechos que poden propagarse a través da auga, descubrindo novos coñecementos sobre como estes cancros se propagaron entre as poboacións animais durante centos, posiblemente miles, de anos.

A investigación atopou que estes tumores de berberecho son altamente inestables xeneticamente. O traballo achou que estes tumores de berberecho teñen un xenoma moi desestructurado, permitiulles describir o tecido en que se orixinaron estes cancros contaxiosos e algúns mecanismos que usan as células de cancro contaxioso para evitar a súa extinción.  

A importancia deste estudo levou a revista Nature Cancer, na que ata a data unicamente tiñan cabida estudos en humanos ou, como moito, en organismos modelo, a publicar por primeira vez un traballo realizado nunha especie invertebrada que non representa un modelo típico como é o berberecho. A investigación comparte páxinas nesta revista con outro traballo de similares características, pero realizado noutra especie, a ameixa norteamericana.

O equipo dirixido por Jose Tubío tamén creou o primeiro xenoma de referencia de alta calidade do berberecho que permitirá realizar futuros estudos sobre outras cuestións xenéticas da especie.