Ir o contido principal
Científica Institucional

Os investigadores Yolanda Prezado e Marcos García do CiMUS da USC participan nun dos principais congresos mundiais sobre oncoloxía, celebrado en Taiwan

  • Fortalecer lazos internacionais na loita contra o cancro foi o obxectivo do 2024 Taipei Symposium in Precision Cancer Medicine

O pasado 5 de novembro de 2024, os investigadores do CiMUS Yolanda Prezado, do grupo New Approaches in Radiotherapy, e Marcos García, do grupo Biomaterials & Drug Delivery, participaron como relatores no prestixioso 2024 Taipei Symposium in Precision Cancer Medicine: Convergence and Beyond, celebrado na cidade de Taipei.

O simposio reuniu a destacados expertos en oncoloxía para intercambiar coñecementos e experiencias no campo da oncoloxía e a súa translación clínica.

Durante a súa visita, os investigadores Prezado e García tiveron a oportunidade de establecer novas colaboracións no ámbito da investigación oncolóxica. Mantiveron encontros bilaterais cos equipos directivos e os grupos de investigación do Taipei Medical University Hospital e o Buddhist Tzu Chi Hospital and Innovation Research Center, fortalecendo así os lazos internacionais na loita contra o cancro.

Este evento subliña a importancia da colaboración global na investigación oncolóxica e o compromiso continuo dos nosos investigadores en avanzar no tratamento e a cura do cancro.