Ir o contido principal
Científica Institucional

Posta en común do coñecemento en cancro da man de AECC

 

A directora científica do CiMUS, Mabel Loza, participou onte na Sesión AECC- SEBBM. Onde estamos e onde imos en investigación en cancro na que puxo en valor, durante a súa intervención, a importancia da investigación básica para poder entender os mecanismos, pero tamén a importancia da investigación preclínica, unha materia pendente no noso país.

A xornada enmarcouse no 46 Congreso da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, celebrado esta semana na Coruña, e contou coa intervención de 15 relatores de perfís diversos, que abarcaban a investigación, os medios de comunicación, a representación institucional e a parte de pacientes, encargados de dar unha visión integral sobre o cancro e a investigación oncolóxica actual.