Institucional
A secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia visita o CiMUS
A secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovacións e Universidades, Eva Ortega-Paíno, aproveitou a súa estancia en Galicia para coñecer de primeira man a investigación punteira do CiMUS en biomedicina. Fíxoo acompañada da dirección científica do Centro, Mabel Loza e José Luis Labandeira, e de parte do seu equipo de investigación, visitando as instalacións e plataformas punteiras do Centro, entre elas, Innopharma e os laboratorios da investigadora principal María José Alonso.