A Sociedade Europea de Endocrinoloxía premia cos seus máximos galardóns aos investigadores CiMUS, Clara Álvarez e Rubén Nogueiras
A Sociedade Europea de Endocrinoloxía (ESE) recoñeceu cos seus máximos galardóns este pasado fin de semana a contribución e traxectoria científica de dous dos investigadores principais do CiMUS da USC, Clara Álvarez e Rubén Nogueiras, quenes recolleron os premios membro honorario da ESE e Jens Sandahl Christiansen respectivamente no marco do 24 Congreso Europeo de Endocrinoloxía, ECE 2022, que se celebrou en Milán.
A ESE quixo recoñecer o apoio constante a esta entidade e á comunidade europea de endocrinoloxía de Clara Álvarez, ademais de formar parte do seu Comité Executivo entre 2005 e 2009 e de liderar a área de Tiroides de 2008 a 2020, nomeándoa membro honorario.

Pola súa banda Rubén Nogueiras recolleu o premio Jens Sandahl Christiansen 2022 da Sociedade Europea de Endocrinoloxía na categoría de investigación básica, en recoñecemento a súa traxectoria profesional no campo da endocrinoloxía, como investigador menor de 45 anos que contribuíu de modo significativo ao avance do coñecemento neste campo.

