Ir o contido principal
Científica

As teses do CiMUS: Iara Fernández González

Tribunal LaraA canteira de investigadores CiMUS suma unha nova doutora. Iara Fernández González presentou onte a súa tese "Modulación central da homeostase enerxética desde as neuronas SF1 do núcleo ventromedial do hipotálamo: papel de JNK1e SUCNR1", un traballo dirixido polos investigadores principais deste Centro Singular da USC, Carlos Diéguez e Miguel López, no que se estudou o papel de c-Jun N-Terminal Protein Kinase 1 (JNK1) e do succinate receptor 1 (SUCNR1) no hipotálamo, con especial atención nas neuronas do núcleo ventromedial (VMH) que expresan o factor esteroidoxénico 1 (SF1).

"O hipotálamo xoga un rol fundamental na regulación do equilibrio enerxético. A pesar dos grandes avances no coñecemento dos mecanismos moleculares implicados, o papel das quinasas de tensións, como as kinasas c-Jun N-terminal e de metabolitos clave como o succinato, non foi aclarado. De aí a realización deste estudo", explica a nova doutora CiMUS.

O tribunal encargado de avaliar este traballo estivo conformado polos seguintes membros: Raúl Luque, investigador adscrito á Universidade de Córdoba; Guadalupe Sabio, do CNIO, e Rubén Nogueiras, investigador CiMUS da USC.

Para a realización da tese, contou cos contratos de inicio á investigación do CiMUS e da bolsa predoctoral da Xunta de Galicia 2020, estando actualmente adscrita ao grupo NeurObesity deste Centro Singular como investigadora colaboradora.