Ir o contido principal
Científica

As teses do CiMUS: Manuel Piñeiro Fiel

Manuel Piñeiro vén de defender a súa tese “Cuantificación e estandarización de biomarcadores PET” dirixida polos investigadores do CiMUS Pablo Aguiar e Álvaro Ruibal. 

Os biomarcadores PET-FDG representan na actualidade unha ferramenta esencial para a estadificación e seguimento de pacientes oncolóxicos e de grande utilidade no seguimento clínico neste campo. Neste traballo propóñense diferentes protocolos de cuantificación e estandarización para novos biomarcadores PET-FDG, coa particular aplicación de estimar a heteroxeneidade tumoral a partir das imaxes de alta resolución PET. 

Os resultados supoñen un importante avance nas metodoloxías asistenciais e, segundo o seu autor, “propoñen unha avaliación profunda do significado biolóxico destes biomarcadores e definen o camiño metodolóxico necesario para a súa adecuada traslación á rutina clínica”.