Ir o contido principal
Científica

As teses do CiMUS: Mar García Colomer

O CiMUS da USC sumou hoxe unha nova doutora a súa canteira de investigadores. Trátase de Mar García Colomer quen presentou hoxe con éxito a súa tese "Tratamentos farmacolóxicos para cavernomas: un estudo preclínico", un traballo que estivo avaliado por un tribunal composto polo Dr. Miguel Ángel Fidalgo, da Universidade de Santiago de Compostela; a Dra. Natalia Reglero Real, da Universidade Autónoma de Madrid, e a Dra. Ana Guerrero López, da Universidade de Barcelona.

A investigación dirixida polos IPs deste Centro Sigular Celia Pombo e Juan Zalvide centrouse nas malformacións cavernosas cerebrais (CCMs) que son alteracións do endotelio venoso dos capilares do sistema nervioso central. Na presente tese estudáronse o propranolol, a rapamicina e o lapatinib sobre as alteracións moleculares e celulares descritas para as CCMs en células endoteliales, ademais de facer un estudo transcriptómico non nesgado. Neste traballo analizouse tamén o efecto da rapamicina, soa ou en combinación coa patinib, sobre as lesións desenvolvidas nun modelo in vivo da enfermidade.