Ir o contido principal
Científica

As teses do CiMUS: Yanis Hichem Bouzaher

O CiMUS da USC suma un novo doutor a súa canteira de investigadores. Trátase de Yanis Hichem Bouzaher que acaba de presentar a súa tese doutoral "Regulación da actividade de ISG15 por SUMO". O traballo, dirixido pola xefa de grupo, Carmen Rivas, foi avaliado por un tribunal composto por Susana Guerra García, da Universidade Autónoma de Madrid; José Manuel Martínez Costas, da Universidade de Santiago de Compostela, e Carmen Elena Gómez Rodríguez, do CNB-CSIC.

"Nesta investigación avaliamos a hipótese de que o pequeno modificador similar á ubiquitina (SUMO) pode interactuar e modular ISG15. Os nosos datos demostran que SUMO interactúa con ISG15 de maneira dependente do estímulo. Tamén mostramos que esta interacción modula o estado e as actividades de ISG15, incluído o control da sinalización de IFN, a súa actividade antiapoptótica ou a promoción da bioxénese mitocondrial", comenta o novo doutor CiMUS. 

Este traballo mostra, por tanto, que a regulación de ISG15 mediada por SUMO modula a infección viral, o cancro e a inmunidade.