Visita do secretario xeral de Universidades e da directora de GAIN ao CiMUS da USC
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, xunto con outros representantes da Xunta de Galicia e a Vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo, visitaron hoxe o CiMUS da USC para coñecer os seus proxectos e saudar aos seus investigadores tras renovar a acreditación de excelencia que concede a Xunta na Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia.
Esta visita institucional enmárcase nas visitas conxuntas que están a realizar aos centros de investigación e tecnolóxicos e permitiulles coñecer de primeira man o traballo que se leva a cabo neste centro de excelencia, creado en 2010, que se converteu en centro de referencia a nivel internacional en medicina nuclear e enfermidades crónicas.