A estrutura de goberno do CiMUS organízase do seguinte xeito:
Consello Reitor: órgano superior de goberno, integrado por representantes institucionais e aberto á participación dos axentes sociais e económicos asociados ao Campus Vida. As funcións do Comité de Dirección son, entre outras, as seguintes:
- Aprobación do Plan Estratéxico do centro e as súas modificacións.
- Aprobación do orzamento.
- Propor o nomeamento e cese do Director.
- Aprobación das propostas de medidas do comité científico externo.
- A incorporación de novo persoal investigador adscrito ao Centro.Esta última atribución será sempre a proposta do Director Científico e co informe favorable do Comité Científico Externo.
Comité Científico Asesor Externo: órgano asesor cun mínimo de 7 membros de recoñecido prestixio científico internacional no ámbito do CiMUS. Os membros serán nomeados polo Reitor a proposta da Comisión Reitora. A designación será por un período de catro anos, renovables. As funcións da Comisión Científica Externa:
- Asesorar á Dirección Científica e á Comisión Reitora sobre a temática e orientación da investigación, e outros aspectos relevantes.
- Asistir no seguimento da evolución da investigación e a transferencia dos seus resultados.
- Informar sobre a vinculación de novo persoal investigador e avaliar as solicitudes presentadas.
- Avaliar periodicamente a actividade científica do centro e dos seus investigadores.
Director/a científico/a: responsable da política científica do centro. Lidera e coordina as actividades de investigación do centro. O seu traballo inclúe a elaboración da planificación estratéxica e o orzamento anual, a supervisión de proxectos de investigación e a xestión dos recursos materiais e humanos. Ademais, promove a colaboración con outras institucións e a procura de financiamento para o desenvolvemento de novas investigacións. O director científico tamén se encarga de asegurar o cumprimento das normativas de seguridade e de fomentar un entorno de traballo innovador e colaborativo.
Director/a adxunto/a: responsable da supervisión da xestión económica e administrativa, a coordinación de infraestruturas, e a colaboración na elaboración do orzamento anual e a planificación estratéxica. Ademais, asiste ao director científico na organización dos recursos materiais e humanos, promove a procura de financiamento e asegura o cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos.
Estas estruturas regulan a actividade das áreas e servizos que compoñen o centro.