Definición:
A Comisión de Diversidade, Equidade e Inclusión do CiMUS segue o III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.
Este Comité representa o compromiso do Centro coa promoción dun contorno científico equitativo, inclusivo e diverso, no que todas as persoas poidan desenvolver plenamente a súa carreira profesional. Creado a finais de 2019, o seu obxectivo é consolidarse como un referente no ámbito científico galego, capaz de identificar e abordar problemáticas concretas que limiten a participación plena e o desenvolvemento do talento, así como de eliminar barreiras estruturais que dificulten o desempeño profesional en igualdade de condicións.
Na actualidade, o Comité está formado por cinco integrantes do CiMUS e está coordinado pola Profesora Noemi Csaba, investigadora principal do grupo Natural Polymers and Biomimetics. Entre as súas prioridades para os vindeiros meses inclúense o impulso de medidas de conciliación corresponsable, a mellora das condicións de seguridade e saúde laboral desde unha perspectiva inclusiva, e a elaboración dun plan integral de equidade e diversidade que contemple as distintas realidades presentes na comunidade científica.
O Comité puxo en marcha diversas accións, como a creación dun espazo para a lactación, medidas de apoio á conciliación do traballo das mulleres xestantes (espazo de traballo fóra do laboratorio por motivos de prevención), a organización de mesas de debate sobre temáticas de igualdade e xénero, así como actividades dirixidas a diferentes públicos (alumnado de colexios e institutos), charlas divulgativas en distintos centros educativos e obradoiros divulgativos en colaboración coa AAECC para alumnado de primaria no marco do 11F, entre outras.
Aquí atoparás o actual plan de acción desta Comisión.
Membros:




Recursos
Cómo incorporar a perspectiva de xénero na investigación en saúde
Diversidade LGTBI+ e Cultural da USC
Apoio, prevención e denuncia
¿Estás sufrindo acoso? Formulario de denuncia. Sede electrónica

As vosas ideas e comentarios axúdannos a mellorar a nosa contorna de investigación e as nosas prácticas profesionais.
Invitamos os investigadores e ao persoal para utilizar esta canle interna para enviar suxerencias, inquietudes e propostas de mellora.


