Dirección de Xestión Estratéxica e Innovación
A Dirección de Xestión Estratéxica e Innovación encárgase de planificar, coordinar e supervisar o funcionamento do centro. Traballa xunto coa Dirección Científica para desenvolver e implementar a estratexia institucional, apoiar a toma de decisións e aliñar as actividades cos obxectivos do centro. Coordina o equipo de xestión e promove accións que melloran a eficiencia operativa, reforzan a proxección internacional e favorecen a transferencia de coñecemento.

Transferencia e Internacionalización
A Unidade de Transferencia e Internacionalización de CiMUS é responsable de lanzar, identificar e participar en iniciativas de colaboración internacional. Ademais, apoia aos investigadores na transferencia de coñecemento e actividades orientadas ao mercado, e define ferramentas e accións para fortalecer a carteira de proxectos do centro. Esta unidade é clave para mellorar a presenza internacional de CiMUS e asegurar que os avances científicos se traduzan en aplicacións prácticas e comerciais.

Comunicación e Divulgación
A Unidade de Comunicación e Participación Pública de CiMUS está dedicada a promover e dar visibilidade ás actividades de investigación do centro. Esta unidade xestiona a comunicación interna e externa, organiza eventos e actividades de divulgación científica, e desenvolve contidos informativos para públicos diversos, asegurando que os avances científicos de CiMUS sexan accesibles e comprensibles para a sociedade.

Xestión e Servizos Xerais
A Unidade de Xestión e Servizos Xerais do CiMUS coordina a infraestrutura científica e o persoal de apoio técnico do centro; o soporte informático, prestando asistencia no uso de equipos, aplicacións e servizos informáticos, conectividade, etc.; e a xestión estratéxica do Programa María de Maeztu, coordinando a execución e o seguimento do plan estratéxico asociado á acreditación e garantindo o cumprimento dos obxectivos científicos, organizativos e de impacto do programa.



Apoio científico técnico
O equipo de apoio científico técnico garante o mantemento e o funcionamento óptimo dos recursos e das infraestruturas. Ademais, proporciona apoio técnico e loxístico esencial para o persoal investigador.





