O Comité Científico Externo é un órgano consultivo composto por un mínimo de sete membros de recoñecido prestixio científico internacional no ámbito do CiMUS. Os membros son nomeados polo Reitor por proposta do Comité de Dirección, cun mandato de catro anos renovable. As funcións do Comité inclúen asesorar á Dirección Científica e ao Comité de Dirección sobre a temática e orientación da investigación, así como sobre outros aspectos relevantes; colaborar no seguimento da evolución da investigación e na transferencia dos seus resultados; informar sobre a incorporación de novo persoal investigador e avaliar as solicitudes presentadas; e avaliar periodicamente a actividade científica do centro e dos seus investigadores.
Membros

Augusto Villanueva
Perlmutter Cancer Center (EEUU)

Mario Barbosa
Instituto de Engenharia Biomédica(INEB). Universidade do Porto

Manuel Tena-Sempere
Instituto Maimonides de Investigación Biomédica de Córdoba (IMIBIC)

Luis Miguel García-Segura
Instituto Cajal-CSIC (Madrid)

María Isabel Fariñas Gómez
Universidad de Valencia

José Manuel Alonso
State University of New York (EEUU)

Maria Jesus Blanco
Vicepresident & Head of Chemistry, Atavistik Bio (Boston, EEUU)
