En cumprimento da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, neste apartado atoparedes información sobre o CiMUS para facer efectivo o principio de transparencia sobre aqueles aspectos máis relevantes da mesma relacionados coa nosa actividade. A tal efecto están dispoñibles os seguintes documentos e informacións:
Información institucional, organizativa e de planificación
- Regulamento do CiMUS
- Órganos de goberno e de xestión
- Curriculum Vitae da Directora Científica
Códigos e regulamentos aplicables á actividade desenvolvida no CiMUS
Institucionalmente cremos que o principal elemento que garante unha investigación axeitada dende o punto de vista ético, radica no compromiso persoal dos investigadores de non incorrer en prácticas desleais, garantir a solidez, relevancia e veracidade dos resultados difundidos, así como identificar a autoría das investigacións de forma xusta e respectar os principios éticos da investigación.
As institucións relacionadas coa investigación desenvolveron nos últimos anos os chamados “Códigos de Boas Prácticas Científicas” e regulamentos que rixen o desempeño dos distintos aspectos relacionados coa práctica científica que inclúen pautas sobre os diversos aspectos éticos que deben ser asumidos polos xestores e os investigadores da institución. Aínda que este é un proceso en evolución permanente na actualidade na nosa web hai dispoñibles os seguintes documentos:
- Código de boas prácticas na investigación da USC
- Declaración institucional sobre o uso de animais de experimentación.
- Documentos de interese relacionados con estudios con animais de experimentación.
- Lexislación relacionada con estudios de animais de experimentación:
- Directiva 2010/63/UE del Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de setembro de 2010, relativa á protección dos animais utilizados para fins científicos
- Real Decreto 53/2013, do 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia.
- Orde ECC/566/2015, do 20 de marzo, pola que se establecen os requirimentos de capacitación que debe cumprir o persoal que manexe animais empregados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia.
- HRS4R – (Human Resources Strategy for Researchers) Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores.
- Normas de prevención de riscos e seguridade laboral.
- Manual de Xestión de Residuos Perigosos
A existencia destes comités e regulamentos garante a calidade e rigorosidade da práctica científica, polo que as axencias encargadas da financiación da investigación, ademais de avaliar a calidade científica das investigacións propostas, esixen informes de idoneidade elaborados.
Captación de recursos
A actividade investigadora levada a cabo no CiMUS provén na súa maior parte de:
- Convocatorias públicas competitivas por diferentes axencias de financiación (Unión Europea, Axencia Estatal de Investigación, Xunta de Galicia, etc).
- Fundacións públicas (Asociación Española contra o Cancro, Fundacións Hospitalarias, etc).
- Contratos e convenios con institucións públicas e privadas (compañías farmacéuticas, compañías biotecnolóxicas, etc).
- Donacións.
Toda a nosa captación de recursos é incorporada aos orzamentos da USC e a súa xestión segue as normas e leis vixentes a ela aplicadas e que poden ser consultadas aquí:

