Ir o contido principal

Transparencia

En cumprimento da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, neste apartado atoparedes información sobre o CiMUS para facer efectivo o principio de transparencia sobre aqueles aspectos máis relevantes da mesma relacionados coa nosa actividade. A tal efecto están dispoñibles os seguintes documentos e informacións:

Información institucional, organizativa e de planificación

Códigos e regulamentos aplicables á actividade desenvolvida no CiMUS

Institucionalmente cremos que o principal elemento que garante unha investigación axeitada dende o punto de vista ético, radica no compromiso persoal dos investigadores de non incorrer en prácticas desleais, garantir a solidez, relevancia e veracidade dos resultados difundidos, así como identificar a autoría das investigacións de forma xusta e respectar os principios éticos da investigación.

As institucións relacionadas coa investigación desenvolveron nos últimos anos os chamados “Códigos de Boas Prácticas Científicas” e regulamentos que rixen o desempeño dos distintos aspectos relacionados coa práctica científica que inclúen pautas sobre os diversos aspectos éticos que deben ser asumidos polos xestores e os investigadores da institución. Aínda que este é un proceso en evolución permanente na actualidade na nosa web hai dispoñibles os seguintes documentos:

A existencia destes comités e regulamentos garante a calidade e rigorosidade da práctica científica, polo que as axencias encargadas da financiación da investigación, ademais de avaliar a calidade científica das investigacións propostas, esixen informes de idoneidade elaborados.

Captación de recursos

A actividade investigadora levada a cabo no CiMUS provén na súa maior parte de:

  1. Convocatorias públicas competitivas por diferentes axencias de financiación (Unión Europea, Axencia Estatal de Investigación, Xunta de Galicia, etc).
  2. Fundacións públicas (Asociación Española contra o Cancro, Fundacións Hospitalarias, etc).
  3. Contratos e convenios con institucións públicas e privadas (compañías farmacéuticas, compañías biotecnolóxicas, etc).
  4. Donacións.

Toda a nosa captación de recursos é incorporada aos orzamentos da USC e a súa xestión segue as normas e leis vixentes a ela aplicadas e que poden ser consultadas aquí: