Ir o contido principal

Presentación

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) foi creado polo acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o17 de febreiro de 2010.

O CiMUS conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.

Forma parte da rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamiento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA (Campus de Excelencia Internacional, MEC-MICINN, 2009).

Misión:

A misión do CiMUS consiste en realizar unha investigación básica de calidade contrastada,  co obxectivo de acadar avances na prevención, entendemento e tratamento da enfermidade crónica en base ós seguintes parámetros:

  • Xeración de coñecemento en base a criterios de excelencia e translación que permitan a súa transferencia a nivel asistencial e/ou industrial.
  • Desenvolvemento dunha estrutura que impulse a eficiencia e competitividade dos Grupos.
  • Ser un modelo de cambio cultural que potencie a implicación dos profesionais sanitarios en labores de investigación e dos básicos na xeración de coñecemento en base ás demandas empresariais.
  • Incrementar a masa crítica de investigadores biomédicos con especial énfase na captación de xoves investigadores.

Visión:

A visión do CiMUS será ser recoñecidos no ámbito internacional no campo da investigación en Biomedicina motivando ós  membros do centro para que traballen de forma conxunta nun ambiente de cooperación. Isto deberá traducirse nunha investigación:

  • Centrada no  paciente ne canto á súa temática.
  • Unión cultural e organizativa dos grupos pertencentes ás distintas disciplinas.
  • Sistemas de xestión, organización e información eficientes.
  • Activo en canto á súa contribución ó desenvolvemento económico e social de Galicia.
  • Vocación docente.
  • Accesible á cidadanía e en permanente contacto coa Sociedade.
  • Tecnoloxía de primeiro nivel.
  • Excelencia investigadora.

Valores do CiMUS:

  • Liderado: Ser referente a nivel europeo grazas á  realización dunha investigación de alto impacto e recoñecido prestixio nos seus ámbitos de influencia.
  • Excelencia e innovación: Fomentar unha investigación de excelencia dacordo a estándares internacionais e crear un medio favorable para a xeración de novas ideas, enfoques e solucións.
  • Cooperación e multidisciplinariedade: Potenciar a cooperación entre diferentes  grupos de investigación será  unha das marcas de identidade do CiMUS. Esta debe estar enfocada non so ós Grupos do propio Centro senón que debe estenderse a Grupos/Centros do entorno inmediato como poden ser os de química sintética (agrupados no Centro de Investigacións Químicas, CiQUS; ou os do CiTIUS). Ademais a vocación de referente internacional do CiMUS fai imprescindible a súa inserción en Redes/Networks de Investigación cooperativa tanto nacionais como Internacionais.
  • Ética: O CiMUS pretende seguir realizando a súa labor nun entorno ético, transparente e de respeto de todas aquelas normas inherentes tales como as referidas ás de Experimentación animal, seguridade laboral, seguridade informática etc.
  • Aplicación, difusión e transmisión do coñecemento: O CiMUS conta entre os seus obxectivos o trasladar os resultados da súa investigación á práctica clínica e compartir o coñecemento xerado coa sociedade.

O noso centro: