5ª Andaina Solidaria AECC #SantiagoEnMarcha Contra o Cancro
Paseo central da Alameda, Santiago de Compostela

Santiago de Compostela acolle este 26 de setembro a 5ª edición da Andaina Solidaria En Marcha contra o cancro, organizada pola Xunta local de Santiago da Asociación Española contra el Cáncer (AECC)). O percorrido de cinco kilómetros comenzará ás 10:00 horas na Alameda e pasará polo campus universitario antes de voltar ao comenzo.
Trátase, segundo indican dende a entidade, “dun punto de encontro deportivo e social, de celebración en familia cos teus amigos e veciños, para apoiar a loita contra o cancro e disfruta tamén dunha zumba solidaria. Ademais, haberá unha "corner" divulgativa, que permitirá aos veciños composteláns colaborar na investigación contra o cancro".
Percorrido
O percorrido é de 5 km con comezo e final no Paseo Central da Alameda. Saída dende la Alameda, seguindo o Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para acceder á Alameda, chegando á meta, situada no mesmo lugar da saída. O circuíto repetirase 2 veces.
CiMUS
O CiMUS colabora un ano máis de maneira activa con esta cita e participará na esquina divulgativa "Ciencia para todos" posterior á andaina, con actividades e obradoiros para o conxunto da poboación, que serán impartidos por investigadores de distintos centros de investigación da cidade. En particular, o noso centro presentará un par de obradoiros para todos os públicos, que mostrarán liñas de investigación do centro que conectan coa misión oncolóxica da AECC.
Esperámosvos alí, así que non deixedes de camiñar connostro contra o cancro este sábado 26 de setembro!!
Máis información aquí- INSCRICIÓNS:
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/santiago-de-compostela-en-marcha-contra-o-cancro-2026/
Os fondos recaudados nesta iniciativas irán destinados á investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuitos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.
