O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
Data de publicación: 27/05/2026
Apertura de recepción de candidaturas: 28/06/2026 Web Solicitudes
Data peche de candidaturas: 03/06/2026 23:59
Revise o documento da convocatoria máis abaixo.
cimus.rrhh@usc.gal (This e-mail does not accept candidatures)
