3ª Andaina Solidaria AECC #SantiagoEnMarcha contra o cancro
Paseo central da Alameda, Santiago de Compostela
Santiago de Compostela acolle este 28 de setembro a 3ª edición da Andaina Solidaria En Marcha contra o cancro, organizada pola Xunta local de Santiago da Asociación Española contra el Cáncer (AECC)). O percorrido de cinco kilómetros comenzará ás 10:00 horas na Alameda e pasará polo campus universitario antes de regresar ao comenzo.
Trátase, aseguran dende a entidade, "dun punto de encontro deportivo e social, de celebración en familia cos teus amigos e veciños, para apoiar a loita contra o cancro e disfrutar tamén dunha zumba solidaria. Ademais haberá unha feira divulgativa que permitirá que todos aos veciños compostelanos colaborar na investigación contra o cancro".
Percorrido
O percorrido é de 5 km con comezo e final no Paseo Central da Alameda. Saída dende a Alameda, seguindo o Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. del Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e regresando á Avda. de Compostela para acceder á Alameda, chegando á meta, situada no mesmo lugar da saída. O circuito repetirase 2 veces.
CiMUS
O CiMUS colabora outro ano máis de maneira activa con esta cita e participará na feiria divulgativa "Ciencia para todos" posterior á andaina, con actividades e obradoiros para o conxunto da poboación, que serán impartidos por investigadores en cancro de distintos centros da cidadade. En particular, o noso centro presentará varios obradoiros para todos os públicos.
Vémonos alí, así que ¡¡Non deixes de camiñar connosco contra o cancro este sábado!!
Máis información - INSCRICIÓNS
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/santiago-en-marcha-contra-o-cancro