Ir o contido principal
CiMUS Lecture

Behind the scenes at Cell Metabolism

Mari Carmen Fernández Agüera

Scientific Editor. Cell Press

14 Decembro 2023 13:00–14:00

Theatre room, CiMUS

Resumo:

A publicación dun traballo de investigación é a culminación dun proxecto científico. Con todo, o camiño cara á publicación, como a propia investigación, non sempre é sinxelo. Nesta presentación falarei do que buscamos nos manuscritos, do noso fluxo de traballo editorial e darei consellos para unha comunicación eficaz con editores e revisores. E tamén compartirei a miña opinión sobre os aspectos bos e non tan bos do traballo de editor científico.

 

Bio:

Mari-Carmen doutorouse na Universidade de Sevilla, onde estudou o mecanismo molecular da detección aguda de osíxeno no laboratorio do Dr. López-Barneo no Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBiS). Posteriormente incorporouse ao laboratorio do Dr. Danial no DFCI/Harvard (EE.UU.) para estudar os efectos da utilización de diferentes nutrientes sobre a excitabilidade neuronal. Mari-Carmen incorporouse a Cell Metabolism en 2020 como Editora Científica.

 

Anfitrión: Ruben Nogueiras Pozo

Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Rógase ter en conta a inscrición escribindo claramente o nome e apelidos na folla impresa. Non nos faremos responsables de modificar os rexistros de quen non o faga.