Ir o contido principal
Científica

A investigadora do CiMUS da USC Carla García, galardoada co XII Premio Julián Francisco Suárez Freire para Mozas e Mozos Investigadores da Real Academia de Farmacia de Galicia

  • O galardón premia o seu último traballo en terapia xénica dirixida ao glioblastoma, un dos tumores cerebrais máis agresivos.

A investigadora do CiMUS da USC Carla García foi recoñecida co XII Premio Julián Francisco Suárez Freire para Mozas e Mozos Investigadores da Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG).

O premio recoñece o seu traballo máis recente sobre terapia xénica para o tratamento do glioblastoma, un dos tumores cerebrais máis agresivos. O estudo, desenvolvido en colaboración co IDIS e universidades internacionais, demostra o potencial de nanopartículas deseñadas para transportar xenes terapéuticos directamente ás células tumorais, mellorando a eficacia do tratamento e abrindo novas vías para futuras terapias oncolóxicas.

Este galardón destaca a excelencia investigadora de mozos científicos en Galicia e subliña a relevancia das nosas investigacións en biomedicina avanzada e oncoloxía.