Ir o contido principal
Sin categoría

Un CiMUS máis unido por Nadal

O Nadal chega un ano máis ao CiMUS cun programa especial de actividades pensado para reforzar a interacción, a convivencia e o espírito de comunidade entre os distintos grupos de investigación do Centro.  

Con este obxectivo, o venres 19 de dicembre ás 14:00 horas, celebrarase unha comida especial de Nadal no hall do CiMUS, un espazo de encontro distendido que permitirá compartir un momento especial con todos. Ao termo da comida anunciaranse os gañadores do II Concurso de Puertas Do Nadal do CiMUS, unha iniciativa desenvolvida polos estudantes de doutoramento que volve poñer de manifesto a creatividade, a implicación e o compañeirismo das persoas que forman parte do Centro.

A continuación celebrarase o II Bingo Benéfico, que está previsto que dea comezo ás 16:30 horas. O diñeiro recadado destinarase a unha asociación solidaria, elixida mediante votación polos propios participantes: cada gañador de liña ou bingo pode seleccionar, entre unha lista de asociacións propostas, a entidade á que desexa apoiar. A asociación con maior núero de votos será a destinataria do diñeiro recadado. Ademais, cada gañador de liña/bingo recibirá un agasallo simbólico.

🎄Esperamos contar coa vosa presenza para gozar dun momento especial, cheo de espírito do Nadal, boa comida e solidariedade! 🎄

Desde dirección e xestión do CiMUS sentimos que recibimos a mellor felicitación, as preciosas Puertas de Nadal: o máis vívida mensaxe de alegría e compromiso das persoas que fan o CiMUS. Este ano subiu moito o nivel e é moi difícil elixir. Para nós #TODO son gañadoras. Moitas grazas e felicidades!!