Ir o contido principal
Científica

XIV Reunión de Mozos Investigadores no Extranxeiro 2023 no CiMUS

XIV IYI

O CiMUS da USC acolleu a XIV Reunión de Mozas Investigador@s no Estranxeiro, celebrada en colaboración co Centro de Investigación en Nanomateriales e Biomedicina (CINBIO). O evento, que tivo lugar o pasado mércores 27 de decembro en Santiago de Compostela, reuniu a destacados profesionais da investigación que desenvolven o seu labor en distintas partes do mundo.

Entre os participantes destacaron os premiados desta edición: Alicia L. Bruzos, quen realiza o seu labor na Universidade de Caen (Francia) e proximamente será investigadora principal nun grupo de microbiología mariña no prestixioso Instituto Max Planck, en Alemaña. Bruzos compartiu as súas experiencias e reflexións sobre a importancia de crear oportunidades para o retorno de talento a Galicia, destacando a necesidade de ofrecer posicións que permitan a progresión na carreira investigadora. Alicia L. Brouzos

 

Outro premiado foi  Jesús Miguens Branco, investigador posdoctoral na Universidade de Stanford (Estados Unidos), quen subliñou a importancia de aproveitar a formación privilexiada que reciben en Galicia e crear incentivos para que regresen e contribúan ao avance científico da nosa comunidade. 

AJesús Miguens Blanco xornada contou coa participación de investigadoras e investigadores galegos que actualmente atópanse traballando fóra de Galicia. O obxectivo principal da reunión foi fomentar o intercambio de experiencias, coñecementos e establecer redes de colaboración entre a diáspora científica galega. A XIV Reunión de Mozas Investigador@s no Estranxeiro eríxese como un espazo fundamental para impulsar o diálogo e a colaboración entre a comunidade científica galega dispersa polo mundo para fortalecer os lazos e crear condicións propicias para o retorno de talento a Galicia no futuro.